martes, 24 de junio de 2008

Curso de Verán - Guillena


O frauta solista da Real Orquesta Sinfónica de Sevilla, Juan Ronda, impartirá clases no curso de Guillena. Despois de ter traballado con el, só podo dicir que é un dos frautistas españoles que deberíades coñecer algunha vez na vosa vida, pois ten moito que ofrecer. Aquí o enlace para acadar tódala información:
http://www.guillena.org

Curso de Verán - Oviedo


Despois de non ter escrito dende hai moito tempo (pido disculpas), achégovos información sobre un curso interesante que terá lugar en Oviedo no mes de Xullo, o prazo aínda non rematou e paréceme moi interesante coñecer a Vicenç Prats (frauta solista da Orchestre de Paris). Sinto non poder ofrecervos máis informaícon que o link a continuación:

http://www.cursodemusica.com/es/informacion.htm


Boas tardes,
Miguel

lunes, 3 de marzo de 2008

Testemuñas do pasado I

Hoxe estamos a falar dun dos grandes músicos, pedagogos e frautistas do século XX e XXI, Peter Lukas Graf
    O frautista de Zürich é un dos músicos máis completos que temos no panorama internacional. Coma frautista ten tocado en orquestras tan importantes como a Orquestra do Festival de Lucerna coma frauta principal; coma solista internacional ten tocado coas mellores orquestras e os mellores directores; ten unha amplísima discografía con colaboradores de luxo. Coma pedagogo é o profesor da Academia de Música de Básel dende 1973; e ten participado coma profesor de moitísimas masterclases arredor do mundo. Coma músico ten unha  ampla experiencia coa batuta na opera e no repertorio sinfónico... en fin, non sei cantas vidas e necesario vivir para acadar todo iso! 
    A mín me interesa moito o a experiencia que tivo coma estudante de frauta, pois estudou con Marcel Moyse no Conservatorio Nacional Superior de París, e non podo deixar de pensar cantas cousas podería contarnos. Gracias a experiencia que tivo nos seus comezos, pudo transmitir toda unha tradición frautística, coma testemuña directa, a varias xeracións de grandes frautistas do presente.
    Non atopei ningún enlace en youtube para que os máis novos o poiderades escoitar, pero si atopei o enlace a unha páxina web de venta de cd's no que é posible escoitar extractos das pistas do cd.
    Por último, diciros que o de falar hoxe de Peter Lukas Graf ven porque recibín un email no que falaban dun curso no que impartirá clases os días 31 de Marzo, 1, 2 e 3 de Abril no Conservatorio Superior de Aragón! 
    
Aquí tedes os datos de contacto:

    Creo que xa non hai prazas de alumno activo, pero os alumnos ointes terán que pagar só 30€.
E iso é todo, boas noites.

martes, 26 de febrero de 2008

Talentos cativos

Hai uns anos fun a un concerto que deron uns nenos pequenos. A organización do concerto falaba de nenos superdotados que foron "pre-entrenados" musicalmente dende que aínda se atopaban no ventre materno. As nais estiveron a seguir un programa que consistía en aplicarlles música de diferentes estilos cuns auriculares directamente no ventre. O concerto en cuestión desenrolouse arredor de pezas virtuosísticas, algunhas moi difíciles, que me daban a sensación de estar por encima das posibilidades dos nenos talentosos. Algo que non podía parar de pensar era que ademáis, físicamente, algúns nenos eran demasiado pequenos en relación ó instrumento que estaban a soster; e cando comecei a pensar na cantidade de tempo que posiblemente adicaban cada día ó instrumento... non xogaban?
    En fin, falo de todo isto porque hoxe recibín un correo electrónico cun enlace que me fixo lembrar todas estas sensacións e pensei que era un tema interesante que debater. 
    Eu estou totalmente en contra de que os cativos non disfruten a súa infancia, e máis todavía de que por motivos de tamaño desenrolen unha forma de soster o instrumento pouco axeitada que derive en serios problemas no futuro. ¿Entón? ¿Xogar no parque cos amigos ou Fantasía de Carmen?
Boas noites

Ouro, prata...


Moitos de nós facémonos esta pregunta cando temos en mente mercar unha nova fratua, especialmente cando xa é para desenvolvernos no plano profesional. ¿Hai realmente diferencias significativas que dependen do material elixido na fabricación da frauta? ¿Pode que o que realmente importe sexa cómo esta feita a frauta (grosor, oidos soldados ou estirados,...) independientemente do material? ¿Que pensades?
Eu particularmente noto diferencias cando toco con diferentes metais, pero tamén observo que cando se trata de ouro, as frautas, están construidas cun menor grosor; algo que sí podría explicar físicamente, aquelo que moitos din de que, cunha frauta de ouro, non é tan importante a cantidade do aire coma a velocidade do aire para acadar o resultado buscado.
Interesado polo tema, atopei un estudo bastante serio realizado con frautas de distintos metais, que ofrece resultados claramente sorprendentes.

Aquí tedes o enlace:
http://iwk.mdw.ac.at/Forschung/english/linortner/linortner_e.htm
está en ingles... pero confio en que todos xa o controlades bastante ben.


Outro enlace interesante é este video de James Galway probando 16 frautas. No video cambian a branco e negro cando comeza coa probatura para que o ointe non sexa suxestionado polo material:

http://www.youtube.com/watch?v=G0n3n3N3SOY

Interesanme moito vosas opinións. Sei que o contador de visitas é unha boa guía das veces que visitades o blog, pero gustariame que houbese máis interactividade.
Gracias a os que sí que colaborades habitualmente.
Boas Noites.

Desculpas

Estou de volta. Sinto moito non ter publicado nada dende hai tanto tempo. Gracias por ter visitado tantas veces o blog. Gracias.