martes, 26 de febrero de 2008

Talentos cativos

Hai uns anos fun a un concerto que deron uns nenos pequenos. A organización do concerto falaba de nenos superdotados que foron "pre-entrenados" musicalmente dende que aínda se atopaban no ventre materno. As nais estiveron a seguir un programa que consistía en aplicarlles música de diferentes estilos cuns auriculares directamente no ventre. O concerto en cuestión desenrolouse arredor de pezas virtuosísticas, algunhas moi difíciles, que me daban a sensación de estar por encima das posibilidades dos nenos talentosos. Algo que non podía parar de pensar era que ademáis, físicamente, algúns nenos eran demasiado pequenos en relación ó instrumento que estaban a soster; e cando comecei a pensar na cantidade de tempo que posiblemente adicaban cada día ó instrumento... non xogaban?
    En fin, falo de todo isto porque hoxe recibín un correo electrónico cun enlace que me fixo lembrar todas estas sensacións e pensei que era un tema interesante que debater. 
    Eu estou totalmente en contra de que os cativos non disfruten a súa infancia, e máis todavía de que por motivos de tamaño desenrolen unha forma de soster o instrumento pouco axeitada que derive en serios problemas no futuro. ¿Entón? ¿Xogar no parque cos amigos ou Fantasía de Carmen?
Boas noites

Ouro, prata...


Moitos de nós facémonos esta pregunta cando temos en mente mercar unha nova fratua, especialmente cando xa é para desenvolvernos no plano profesional. ¿Hai realmente diferencias significativas que dependen do material elixido na fabricación da frauta? ¿Pode que o que realmente importe sexa cómo esta feita a frauta (grosor, oidos soldados ou estirados,...) independientemente do material? ¿Que pensades?
Eu particularmente noto diferencias cando toco con diferentes metais, pero tamén observo que cando se trata de ouro, as frautas, están construidas cun menor grosor; algo que sí podría explicar físicamente, aquelo que moitos din de que, cunha frauta de ouro, non é tan importante a cantidade do aire coma a velocidade do aire para acadar o resultado buscado.
Interesado polo tema, atopei un estudo bastante serio realizado con frautas de distintos metais, que ofrece resultados claramente sorprendentes.

Aquí tedes o enlace:
http://iwk.mdw.ac.at/Forschung/english/linortner/linortner_e.htm
está en ingles... pero confio en que todos xa o controlades bastante ben.


Outro enlace interesante é este video de James Galway probando 16 frautas. No video cambian a branco e negro cando comeza coa probatura para que o ointe non sexa suxestionado polo material:

http://www.youtube.com/watch?v=G0n3n3N3SOY

Interesanme moito vosas opinións. Sei que o contador de visitas é unha boa guía das veces que visitades o blog, pero gustariame que houbese máis interactividade.
Gracias a os que sí que colaborades habitualmente.
Boas Noites.

Desculpas

Estou de volta. Sinto moito non ter publicado nada dende hai tanto tempo. Gracias por ter visitado tantas veces o blog. Gracias.