Hoxe estamos a falar dun dos grandes músicos, pedagogos e frautistas do século XX e XXI, Peter Lukas Graf.
O frautista de Zürich é un dos músicos máis completos que temos no panorama internacional. Coma frautista ten tocado en orquestras tan importantes como a Orquestra do Festival de Lucerna coma frauta principal; coma solista internacional ten tocado coas mellores orquestras e os mellores directores; ten unha amplísima discografía con colaboradores de luxo. Coma pedagogo é o profesor da Academia de Música de Básel dende 1973; e ten participado coma profesor de moitísimas masterclases arredor do mundo. Coma músico ten unha ampla experiencia coa batuta na opera e no repertorio sinfónico... en fin, non sei cantas vidas e necesario vivir para acadar todo iso!
A mín me interesa moito o a experiencia que tivo coma estudante de frauta, pois estudou con Marcel Moyse no Conservatorio Nacional Superior de París, e non podo deixar de pensar cantas cousas podería contarnos. Gracias a experiencia que tivo nos seus comezos, pudo transmitir toda unha tradición frautística, coma testemuña directa, a varias xeracións de grandes frautistas do presente.
Non atopei ningún enlace en youtube para que os máis novos o poiderades escoitar, pero si atopei o enlace a unha páxina web de venta de cd's no que é posible escoitar extractos das pistas do cd.
Por último, diciros que o de falar hoxe de Peter Lukas Graf ven porque recibín un email no que falaban dun curso no que impartirá clases os días 31 de Marzo, 1, 2 e 3 de Abril no Conservatorio Superior de Aragón!
Aquí tedes os datos de contacto:
Creo que xa non hai prazas de alumno activo, pero os alumnos ointes terán que pagar só 30€.
E iso é todo, boas noites.