jueves, 24 de septiembre de 2009

Competicións internacionais - Carl Nielsen




Vou comezar unha serie de artigos nos que vos falarei das principais competicións internacionais para frautistas.

Hoxe vou falar da Carl Nielsen International Flute Competition.

É unha competición que se celebra cada catro anos, polo cal, convén que aqueles que estean interesados non se despisten, pois entre competición e competición poden pasar da idade límite para participar.

A próxima competición celébrase no 2010, e toda a información estará dispoñible a partir do 1 de Outubro na seguinte web:






Destes concursos, case sempre, nacen novas figuras (novas por ser descoñecidas ata ese momento) que desde o momento no que gañan, conseguen un lugar de prestixio no panorama internacional (firmas en casas discográficas, xiras de concertos ao redor do mundo, masterclases e un longo etcétera).

A gañadora da última edición da Carl Nielsen International Flute Competition foi a flautista rusa Alexandra Grot.

Cada vez que un gran flautista sae do anonimato, unha das cousas que máis me interesa, ademais de escoitalo tocar, é saber con quen estudou. No caso de Alexandra Grot, os seus profesores máis destacables foron Pierre-Yves Artaud e András Adorján, no Conservatoire National Supérieur de Musique de Paris e na Musikhochschule de Munich respectivamente.

Ademais, temos a sorte de que Alexandra colgou moitos dos seus vídeos en Youtube, así que aquí déixovos algún exemplo:

 


Todas estas competicións son probas moi duras que constan de moitas fases nas que se esixe que os candidatos toquen moito repertorio de moitos estilos. Isto require dos candidatos un estado de forma/psicolóxico excelente e, polo tanto, meses de preparación.

Gustaríame moito que dentro duns anos oísense máis nomes españois, entre os premiados destas competicións, e iso está nas mans dos que agora sodes máis novos, así que ánimo e tocade e gozade, todo o que poidades.

No hay comentarios: