sábado, 12 de septiembre de 2009

Royal College of Music - London



Sodes moitos os que me preguntades como está o panorama para irse a estudar a Londres, por iso, decidín aproveitar que os prazos para presentar solicitudes nas escolas londinenses máis prestixiosas está aberto, e brindarvos a información da que dispoño.



Hoxe vouvos a falar da que sería a miña primeira elección, o Royal College of Music.


En primeiro lugar, informarvos que o prazo para presentar solicitudes acaba o próximo 1 de outubro. En segundo lugar é conveniente facer unha listaxe dos profesores máis interesantes desta escola:



- Jaime Martín, frauta principal da Chamber Orchestra of Europe, Academy of St. Martin in the Fields e a English National Opera.


- Paul Edmund-Davies, frauta principal da Philharmonia Orchestra.


- Celia Chambers, frauta principal da London Philharmonic Orchestra.


- Susan Milan, concertista internacional e artista da casa discográfica Chandos.


As probas de acceso adoitan ser entre o 30 de Novembro e o 16 de Decembro, aínda que en ocasións son en febreiro; e todas elas son para comezar no curso do ano seguinte.


Hai que preparar dúas pezas, a Fantasía de Gabriel Fauré e unha peza contrastante de libre elección, tanto para realizar o "Undergraduate" como o "Postgraduate"


A solicitude realízase "online" cun servizo de administración das audicións de moitas das escolas de Londres chamado Cukas. A continuación déixovos o enlace da web da propia escola onde explican todo o que necesitades saber:




Moita sorte aos interesados.

No hay comentarios: