viernes, 11 de septiembre de 2009

Curso de Posgrao con Salvador Martínez

Tamén na web de noticias de Euromúsica Garijo atopei que o prazo para solicitar praza no curso de posgrao con Salvador Martínez na Universidade de Oviedo está aberto. Como a noticia xa levaba tempo publicada, chamei para preguntar se aínda seguía aberto o prazo e dixéronme que termina hoxe 11 de Setembro, pero que seguen quedando prazas dispoñibles, polo que estarían dispostos a aceptar máis xente.

Anímovos a participar, especialmente aos que non coñezades a Salvador Martínez, solista da Orquestra de Valencia. Tiven a sorte de traballar con el durante dúas tempadas e paréceme un profesional impecable.

A información de contacto para este curso é a seguinte:

Vicerrectorado de Ordenación Académica y Nuevas Titulaciones.
C/ Los Pozos, 6 bajo. Oviedo.
Teléfonos: 985104917/18

No hay comentarios: