viernes, 18 de septiembre de 2009

Orquestra de Frautas de Galicia


Outro curso máis comeza unha nova tempada a Orquestra de Frautas de Galicia, continuando así o seu gran labor pedagóxico e social. Un punto de encontro excelente para os frautistas que queiran tocar en grupo, aprender, facer amigos e pasalo ben. É unha agrupación moi activa que posée o seu propio blog onde tamén podedes atopar moita información. Hai que facer unha mención especial aos responsables desta agrupación, en especial ao noso compañeiro Pablo Coria, polo esforzo e dedicación que fai que, ano tras ano, este proxecto non perda forza. Deséxovos o mellor nesta tempada.

Todos os que esteades interesados en formar parte do proxecto deberiades visitar o seu blog e contactar cos responsables.

No hay comentarios: