jueves, 10 de septiembre de 2009

Curso de Posgrao con Jaime Martín

Acabo de ler na web de noticias de Euromúsica Garijo, que o prazo para solicitar praza no curso de posgrao que Jaime Martín impartirá no Conservatorio Superior de Música de Aragón, aínda está aberto. Ata o próximo 15 de Setembro.
Aquí tedes toda a información.

Todos coñecedes a Jaime Martín, e ese é o motivo polo que non me vou a estender dando os seus detalles profesionais. Eu, persoalmente, só teño palabras de admiración, respecto e agradecemento cara a el.

Saúdos e sorte aos que intentedes obter unha praza no curso.

No hay comentarios: